Malabo:  27°C | Rocío: 27°C
   Madrid:  03°C | Rocío: 01°C
 Malabo     Madrid
Logo de genet
      Buscar: en:   Noticias   Enlaces   Anuncios  

Login

Home
Intro/Ayuda
Noticias
Anuncios
Autores
Lenguas
Foro de Debates
Apuestas
Quiz
Calculador de Francos CFA a Euro
Calculador de Euro a Francos CFA
F CFA <---> Euro
Cambios Recientes
Contacto
Suscribirse
Foro/Chat
Estadística
Enlaces
Documentos
Promoción
Su página de inicio
Recomendar

¡Viva Patricio Nbe!

Visitas desde
06/02/2003 :


Galeria de Ilustres de Guinea Ecuatorial

Formato para impresión Email anterior Noticias posterior Compartir en Twitter

Editorial

EL PERIODISTA GUINEOECUATORIANO, PEDRO NOLASCO, CANDIDATO AL TERCER PREMIO JOSÉ COUSO, POR LA LIBERTAD DE PRENSA (EN GALLEGO)


publicado por: Association de la Presse Equatoriale Guinea el 14/02/2007 15:19:12 CET

EL PERIODISTA GUINEOECUATORIANO, PEDRO NOLASCO, CANDIDATO AL TERCER PREMIO JOSÉ COUSO, POR LA LIBERTAD DE PRENSA (EN GALLEGO)

César Hildebrant, Felipe Suárez, Gervasio Sánchez, Gorka LandaburuƐuskaldunon Egunkaria, Jon Lee Anderson, Marisa Flórez/Queca Campillo, Tomás Alcoverro e Pedro Nolasco optan ó III Premio José Couso

Xornalistas. Com [14/02/2007]
Oito candidaturas optan á III Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, unha iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova. Os finalistas son César Hildebrant, Felipe Suárez, Gervasio Sánchez, Gorka Landaburu e o xornal Euskaldunon Egunkaria, Jon Lee Anderson, as fotoxornalistas Marisa Flórez e Queca Campillo, Tomás Alcoverro e Pedro Nolasco.
Ábrese o prazo de votacións para elexir ó gañador, que se dará a coñecer o 10 de abril. A organización do premio quere salientar o alto número de candidaturas presentadas e o feito de que varias delas chegaran dende fóra de Galicia, o que da a entender a proxección que o premio está a ter dende a súa creación.

Sobre os candidatos

César Hildebrant é o xornalista de maior traxectoria, recoñecemento e credibilidade en Perú; Felipe Suárez, xornalista e presidente de honra da Fundación Galega contra o Narcotráfico, realizou numerosas campañas de sensibilización cidadá sobre o problema da drogadicción; Gervasio Sánchez leva traballando medio cuarto de século en zonas de conflicto de todo o mundo; a candidatura de Gorka Landaburu e do xornal Euskadunon Egunkaria preséntase como recoñecemento ó colectivo de xornalistas do Pais Vasco; Jon Lee Anderson é un destacado xornalista estadounidense do semanario The New Yorker; as fotoxornalistas Marisa Flórez e Queca Campillo recibiron a nominación pola súa visión particular e independente da Transición; o xornalista barcelonés Tomás Alcoverro é o correspondente do xornal La Vanguardia en Oriente Medio dende 1970; e, finalmente, o xornalista exiliado Pedro Nolasco, actual correspondente de RSF en Guinea Ecuatorial, é un activista comprometido ante os atentados contra a liberdade de prensa.

Coa proclamación das candidaturas queda aberto o prazo de votación. O xurado, composto por todos os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e os asociados do Club de Prensa de Ferrol, decidirá o gañador. Desde o 13 de febreiro, poden emitir os seus votos por correo ordinario, que serán admitidos ata o día 22 de marzo (data de franqueo de correos). A continuación abrirase o prazo para a emisión de votos por internet, o 5 de marzo, mediante a páxina web do certame, en www.xornalistas.com/couso. As persoas que emitan o seu voto por correo ordinario fican automaticamente excluídas do voto por correo electrónico. Este péchase o 28 de marzo.

O nome do gañador darase a coñecer nunha rolda de prensa o 10 de abril en Ferrol. O premiado recibirá a escultura Ás Ceibes, creada por Manuel Patinha, nunha gala que se celebrará no mes de maio en Ferrol.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, creado pola Lei do Parlamento Galego 2/1999 do 24 de febreiro, e o Club de Prensa de Ferrol, organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente. Caixanova, sensible ó desenvolvemento do exercicio profesional dos xornalistas, ofrece o seu apoio decidido para materializar a iniciativa. As dúas primeiras edicións foron para o xornalista marroquí Ali Lmrabet e para o xornal francés Le Monde Diplomatique.

José Couso foi disparado o 8 de abril de 2003 mentres realizaba o seu traballo para os informativos de Tele5. No mesmo ataque faleceu o tamén cámara ucraniano Taras Protsyuk. Os organizadores queren personalizar na figura de Couso a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

Toda a información sobre o premio e as memorias cos datos dos candidatos estará accesible en www.xornalistas.com/couso.

A acta de recollida das candidaturas esta a disposición dos usuarios na sede do CPXG

CPXG / Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2007.


Fuente: XORNALISTAS. COM

¡Nota importante!
El contenido de los artículos publicados no refleja necesariamente la opinión de la redacción de guinea-ecuatorial.net
Véase también la declaración sobre el uso de seudónimos

Usuarios en linea: 8307


Noticias
Recientes

Síguenos en:

© Guinea-Ecuatorial.net (Nvo Zang Okenve 2004 - 2014) - Foro Solidario por Guinea. Todos los derechos reservados. email: info@guinea-ecuatorial.net