Algúns dos peores violadores dos dereitos humanos teñen escanos na Comisión da ONU que se ocupa deste tema, onde forman un bloque, consonte denuncian algunhas ONG como a estadounidense Human Rights Watch. Ese bloque —consonte dixeron fontes diplomáticas europeas— estase a amosar este ano moito máis compacto que nunca nos traballos da Comisión, reunida en Xenebra ata o vindeiro venres.
Por eso non pasaron resolucións da Unión Europea condenatorias dos gravísimos atropelos dos dereitos humanos en Zimbabue ou o texto sobre Irán, engadiron.
Si se aprobou, en cambio, o documento patrocinado por Uruguai e por outros países latinoamericanos sobre a situación en Cuba, gracias a que unha serie de países africanos como Zimbabue ou Uganda se abstiveron no último momento, supostamente persuadidos por Estados Unidos.
Chalaneo
Á existencia dese bloque asiático-africano, pero tamén a intereses petroleiros, atribúeselle o que pasara o venres unha resolución sobre Guinea Ecuatorial, presentada por Nixeria, na que se pedía que non se renovara o mandato do representante especial da Comisión encargado de fiscaliza-lo cumprimento dos dereitos humanos.
Fontes de diversas ONG reunidas aquí critican o chalaneo ó que se dedican moitos países en materia de dereitos humanos, que se converteron en moitos casos en simple moeda de cambio. A maioría do bloque africano e asiático quixera que a Comisión deixase de sinalar co dedo acusador a países concretos e emitise só resolucións de tipo xeral, como ocorreu nos primeiros anos da súa existencia.
Fontes diplomáticas consultadas pola axencia EFE queixáronse, pola súa parte, de que EEUU —este ano só país observador—, fose activo unicamente no que lle interesa, como a resolución contra Cuba presentada por Latinoamérica, a prol da cal fixo un forte traballo de cabideo, tanto nas capitais como nos corredores das Nacións Unidas.
Ese traballo por parte dos representantes norteamericanos botouse de menos, agregaron esas fontes, para conseguir que prosperase a resolución da Unión Europea sobre os atropelos cometidos polas forzas rusas en Chechenia.
Segundo diversas fontes diplomáticas latinoamericanas, EEUU ofreceu trabajar mesmo para que minguase a presión sobre Rusia no tema chechenio a cambio de que Moscova axudase a conseguir votos entre algúns países próximos para a condena de Cuba.
Human Rights Watch cualifica en calquera caso o ocorrido con Chechenia como un auténtico desastre, pois é a terceira vez que se vota esa resolución e non houbo presión para condenar a Rusia, que fixo caso omiso das primeiras resolucións.
O tema do terrorismo introduciu, ademais, cambios nas prioridades de certos estados, algúns dos cales se escuda hoxe na loita antiterrorista para reprimi-los dereitos humanos das minorías ou os opositores políticos.
¨Emprégase a loita antiterrorista como fachada trala cal se fan cousas moi feas´´, sinalou Ioanna Wechsler de Human Rights Watch.
Wechsler felicitouse por iso da resolución de México sobre protección dos dereitos humanos na loita antiterrorista, que debe votarse o xoves, porque crea un sistema para controlar que se respectan os dereitos humanos e mailo dereito internacional humanitario nese combate.
A representante de Human Rights Watch sinalou que o cambio de actitude de México, coa súa apertura en materia de dereitos humanos, é un factor de esperanza e un dos elementos máis destacables desta cincoenta e oito sesión.
XENEBRA
Joaquín Rábago
http://www.elcorreogallego.es/periodico/20020423/Cultura-Sociedad/N103849.asp
Fuente: www.elcorreogallego.es (23-4-02)